Coma xa se vén facendo nos últimos anos o Departamento de Cultura do Concello de Oleiros organizará unha viaxe de contido e interese cultural para a ponte de Semana Santa. Este ano celebraremos a XI edición e o destino será Bilbao e a costa de Guipúzkoa.
Do 24 ao 27 de marzo de 2016.
Destinado a público en xeral. Maiores de 18 anos. Prazas limitadas. Preferencia empadroados/as.
Todas aquelas persoas interesadas poderán informarse e inscribirse a partir do 15 de febreiro no tel. 981 610 000 (Departamento de Cultura) ou nos enderezos electrónicos: cultura@oleiros.org e r.caparros@oleiros.org