O Concello de Oleiros acolle unha nova edición do Festival Internacional de Títeres organizado polo Consorcio das Mariñas. Nesta nova edición, que será a undécima, serán tres as representacións abertas ao público en xeral que farán as delicias dos máis cativos. Todas as representacións terán lugar no auditorio do centro cultural A Fábrica, de Perillo. A entrada a todas as representacións será libre, ata completarse a capacidade da sala.
DOMINGO 11 de outubro ás 12.00 horas
“A danza das marionetas”
Nome da compañía: Plansjet
Procedencia: Bélxica
Técnica: fíos
Idioma: castelán e musical
Duración: 45 minutos
Idades recomendadas: todos os públicos
Sinopse: Orixinal espectáculo popular de monicreques bailaríns. Son tallas de madeira que cobran vida ao son dos variados instrumentos tradicionais da rexión flamenca de Limbourg: gaita, zanfoña, frauta, tamboril.
DOMINGO 11 de outubro ás 18.30 horas
“A risa de Alicia”
Nome da compañía: La Mar de marionetas.
Procedencia: Madrid
Técnica: mixta. Musical e teatro de actor.
Idioma: castelán
Duración: 60 minutos
Idades recomendadas: a partir de 3 anos
Sinopse: Alicia é unha nena que non sabe discriminar a realidade da fantasía. Os soños, a ficción e o mundo real mestúranse. Os sinxelos conflitos cotiáns cobran outro significado no ámbito da súa imaxinación. Chegar a tempo... As tarefas sen rematar... Demasiadas responsabilidades... Hai que crecer... Aínda es pequena... Hai que ordenar o cuarto... Obedece... Xa es maior... En que quedamos??? Os seus problemas convértense en pesadelos que a acompañan no transcurso do "día a día", poboadas de personaxes caricaturescos que nos poden recordar aos do famoso libro "Alicia no país das Marabillas". O "drama" disólvese cando a risa de Alicia chega como un torrente, para descargar as tensións, disolver os medos, desarmar a "os malos", desmitificar a "traxedia" e dar aos seus temores o enfoque cómico que lle permitirá conectar cos valores reais da súa propia vida.
DOMINGO 25 de outubro ás 18.30 horas
“Historias dun ilusionista”
Nome da compañía: Mago Rafa
Procedencia: Galicia
Técnica: maxia
Idioma: galego
Duración: 75 minutos
Idades recomendadas: todos os públicos
Sinopse: “Historias dun ilusionista” é unha selección dos xogos de maxia que marcaron, e que achegaron o público ao Mago Rafa. A maxia no son só trucos. Trátase dunha arte que implica anos de práctica para perfeccionar un movemento que ninguén verá, un movemento que pasará desapercibido. A maxia é o que fai posible que outros crean que o que fas é imposible. E o imposible é difícil.