O sábado 6 de febreiro ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, a compañía FarandOleiras Cabaré, presenta o seu espectáculo “Pánico!”, escrito e dirixido por Clara Gayo.
Sinopse: FarandOleiras Cabaré volve unha vez máis aos escenarios, para ofrecer a súa peculiar visión da actualidade cun espectáculo cheo de humor, teatro e números musicais. Pánico! Achéganos ao mundo do terror e intriga para demostrar que a realidade sempre supera á ficción e que non hai como botar unhas risas para superar calquera medo.
Elenco: Antonio Doldán, Beatriz Vázquez, Bernardino Cope, David Garrido, Elsa Parada, Esther Patiño, Estela Naranjo, Isa Currais, Lara Valcuende, Manuel Candamio, María Rey, Marisol Cancio, Natalia Domínguez, Noa Vedia, Noelia Papín, Paula Galego, Raquel Sánchez, Saleta Vázquez e Yolanda Zapata.
Xénero: cabaré
Entrada libre, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.