Asset Publisher

Back MAXIA NO CENTRO CULTURAL A FÁBRICA DE PERILLO

 

O Auditorio do Centro Cultural A Fábrica de Perillo presenta este domingo 25 de outubro ás 18:30 horas o espectáculo “Historias dun ilusionista”, unha actuación do Mago Rafa incluida nunha nova edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques organizado polo Consorcio das Mariñas.
Nesta selección o Mago Rafa amosa a maxia coma algo maís que trucos, coma unha arte que conleva anos de práctica e fai posible que outros crean que o que fas é imposible. Un mago é alguén que non pode vivir, respirar, dormir ou incluso soñar sen deixar de pensar en como facer o imposible.
A actuación será aberta ao público en xeral, con entrada libre, ata completarse a capacidade da sala.