Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Roteiro cultural e literario 2017: 30 e 31 de maio

/documents/39407/55553/DLFE-26337.pdf/91000807-ad11-8dc0-4e76-84e021895d25

Unha vez máis levarase a cabo o Roteiro Cultural e Literario que este ano está dedicado ao pintor Manuel Abelenda, ao escritor Xosé Neira Vilas e á pintora María del Adalid. Unha actividade organizada entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística, o IES Miraflores e o IESP Neira Vilas.
 
Terá lugar os días 30 e 31 de maio e participarán máis de 300 alumnas/os dos centros de ensino público deste concello, desde 6º de primaria ata 1º de bacharelato. A todos/as os/as participantes se lles repartirá un folleto realizado por alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores e de 3º de ESO do IESP Neira Vilas, baixo a coordinación das profesoras Rosa García Vilariño, Graciela Grande Veloso e Inma Otero Varela, da Biblioteca Central Rialeda e do Servizo de Normalización Lingüística, baixo un deseño do departamento de comunicación do Concello de Oleiros.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son dar a coñecer diferentes persoas ilustres que viviron no Concello de Oleiros, mellorar o coñecemento de patrimonio e espazos do termo municipal de Oleiros e promover a lectura.
 
Consistirá no percorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron estas persoas ilustres, como unha homenaxe a todas elas. Comezaremos nas Torres de San Cruz onde se proxectarán imaxes (acompañadas dunha breve explicación) de diversas obras do pintor Manuel Abelenda; trasladarémonos á rúa do Pombal en Perillo para coñecer a casa deste pintor; a continuación marcharemos para o Instituto Neira Vilas no que homenaxearemos ao escritor Xosé Neira Vilas; pararemos diante da Escola María del Adalid e finalizaremos no Pazo de Lóngora en Montrove, onde coñeceremos a casa da pintora María del Adalid.
En todos estes lugares será o propio alumnado o que irá presentado a cada un dos personaxes
/documents/39407/55553/DLFE-26337.pdf/91000807-ad11-8dc0-4e76-84e021895d25 homenaxeados. Realizarán estas presentacións, polo instituto Miraflores: Bruna Frazao, Paula Carracedo, Laura López, Samuel Ramil, Valeria García, María Eiroa, Carmen Vicedo e Cristina Álvarez. Polo Instituto Neira Vilas: Pablo Basante, Lucas Canle, Eduardo Giménez, Guillermo Huelin, Emilio Ríos, José Rodrigo Santos, Ignacio Valeiras e Marcos Vázquez. Tamén colaborarán Eugenia Bermúdez, Candela Pía e Orleni Meteo. Neste centro acabarase cunha actuación musical a cargo dos alumnos Lucía Sigüeiro, Xoan Carro e Jacobo Juanatey baixo a dirección do profesor de música Jesús Fernández Llaneza.

No Pazo de Lóngora finalizarase con outra actuación musical. O día 30, a cargo do músico Roi Casal, que formou parte de Milladoiro, e que publicou o disco titulado “Son galego, Son cubano”, un traballo realizado conxuntamente con Xosé Neira Vilas e con letras do propio escritor. O día 31 será a cantante de ópera, Victoria Álvarez, quen porá o toque final a estes recorridos. Esta soprano (que ademais vive no noso concello), coa súa magnifica voz, será quen clausurará a actividade.