Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Actividades de fomento da lectura

/documents/39407/55541/DLFE-23410.pdf/f9f6aaec-d74e-fda0-55c2-a125f4ad5b9b

Programa de actividades de fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 16 a 20 de maio:

Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Mércores 18 de maio:
- 1ª sesión: 10:15 h. - 5º e 6º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:30 h. - 2º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Manuel María: o vento da palabra", a cargo de Soledad Felloza

Xoves 19 de maio:
- 1ª sesión: 10:20 h. - 4 anos do CEIP Luís Seoane (Mera)
- 2ª sesión: 11:50 h. - 2º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"O caracol namorado", a cargo de Trinke Trinke 

Venres 20 de maio:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 3 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:10 h. - 4 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Riciños de ouro", a cargo de Trinke Trinke 

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros