Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Actividades de fomento da lectura

/documents/39407/55541/DLFE-23410.pdf/f9f6aaec-d74e-fda0-55c2-a125f4ad5b9b

Programa de actividades de fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 18 a 22 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda
Luns 18 de abril:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 1º A de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 1º B e C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"o caracol namorado", a cargo de Trinke Trinke

Xoves 21 de abril:
- 10:20 h. - 3º e 4º de EP do CEIP Nós (Nós)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo

Venres 22 de abril:
- 10:20 h. - 5º A de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Martes 19 de abril:
- 1ª sesión: 10:30 h. - 5º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
- 2ª sesión: 12:10 h. - 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Érase unha vez don Quixote", a cargo de Chrystyan Magic

Mércores 20 de abril:
- 10:50 h. - 5º B e 6º A de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Hip hop, poema pop", a cargo de Modestos Contos de Broadway

Xoves 21 de abril:
- 1ª sesión: 11:00 h. - 1º de BAC do IES Miraflores (Oleiros)
- 2ª sesión: 12:15 h. - 1º de BAC do IES María Casares (Santa Cruz)
"Las ingeniosas del hidalgo", a cargo de Soledad Felloza

Venres 22 de abril:
- 12:45 h. 3º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo) e 1º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Concerto sobre unha escolma de versos de Manuel María", a cargo de Pirilampo 
 

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Martes 19 de abril:
- 11:20 h. - 4º A de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Obradoiro de marionetas de papel", a cargo de Viravolta Títeres

Mércores 20 de abril:
- 11:20 h. - 4º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Obradoiro de marionetas de papel", a cargo de Viravolta Títeres


Xoves 21 de abril:
- 11:20 h. - 4º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Obradoiro de marionetas de papel", a cargo de Viravolta Títeres


Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros