Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Actividades de fomento da lectura: de 2 a 4 de marzo

  /documents/39407/55541/DLFE-23410.pdf/f9f6aaec-d74e-fda0-55c2-a125f4ad5b9b

Dentro do programa de actividades de fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centro de ensino público do Concello, temos esta semana:
 
 
 
Na Biblioteca Central Rialeda
Martes 1 de marzo:
- 1ª sesión: 10,20 h. - 3, 4 e 5 anos do CEIP Nós
- 2ª sesión: 11,20 h. - 3 anos do CEIP Valle- Inclán
"Riciños de ouro e os tres osos", a cargo de Trinke Trinke.
Xoves 3 de marzo:
- 10,20 h. - 1º e 2º de EP do CEIP Nós
"O caracol namorado", a cargo de Trinke Trinke.

 
Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Martes 1 de marzo:
- 10,15 h. - 5º A de EP do CEIP Isidro Parga Pondal
"Obradoiro de marionetas de papel", a cargo de Viravolta Títeres

Mércores 2 de marzo:
- 1ª sesión: 10,30 h. - 3 e 4 anos do CEIP Luís Seoane
- 2ª sesión: 11,50 h. - 4 anos B e 5 anos do CEIP Luís Seoane
"Riciños de ouro e os tres osos", a cargo de Trinke Trinke.

Xoves 3 de marzo:
- 10,15 h. - 5º B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal
"Obradoiro de marionetas de papel", a cargo de Viravolta Títeres

Venres 4 de marzo:
- 10,30 h. - 4º B de EP do CEIP Luís Seoane
"Obradoiro de marionetas de papel", a cargo de Viravolta Títeres