Actividades infantís

Atrás 52 sesións de promoción da lectura con espectáculos da hora do conto e actividades infantís nas bibliotecas de febreiro a maio 2025

52 sesións de promoción da lectura para público infantil con espectáculos da hora do conto e actividades nas bibliotecas de febreiro a maio 2025

Unha tempada máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos de 2 a 4 anos, a partir de 5 anos, e obradoiros para maiores de 6 anos. As sesións de contacontos e concertos terán lugar ás 18:30 h e os obradoiros ás 17:30 h. Desde o 7 de febreiro e ata mediados de maio, nas sete bibliotecas municipais levaranse a cabo 52 sesións de diferentes actividades infantís, como contacontos, concertos de música, obradoiros, etc., para fomentar a lectura e animar a que as nenas e nenos visiten as bibliotecas no seu tempo libre. Estas actividades realizaranse a través de narración ou dramatización dunha ou varias historias, pero tamén haberá música e outros espectáculos para atraer á lectura ao público infantil. Todos os actos terán un enfoque lúdico, fomentando a imaxinación e  a creatividade, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de ilusión e fantasía. Debido a que o aforo é limitado, é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Isto pode facerse chamando por teléfono, achegándose persoalmente ou por internet en oleiros.org/bibliotecas/inscribete.

Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización. Contarase con Compañías como Trémola TeatroTrinketrinke TeatroA Xanela do MaxínTarabelos TeatroEduvía e OQO. Contadoras-es como Charo PitaRamiro NeiraMarta OrtizIseo a Moura, Catuxa Cela, Raquel Queizás e Raquel Crespo. Artistas como Pablo Díaz e Paco Nogueiras. Os obxectivos que se intentan conseguir son fomentar a lectura a través do pracer e o gusto por esta, que se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito e promover o descubrimento da diversidade dos libros. Preténdese introducir as crianzas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, para que vexan que se divirten e pasan momentos agradables cos libros. Poden solicitar información en calquera das sete bibliotecas municipais. 

A quen vai dirixido?

Crianzas de 2 a 4 anos. A partir de 5 anos, e para maiores de 6 anos

Data do evento

De febreiro a maio 2025

Horario

Hora do conto e concertos, ás 18:30 h. Obradoiros ás 17:30 h

Lugar de Celebración
Inscricións

Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización.

Outra información de interese

Pode reservarse praza chamando por teléfono, achegándose persoalmente ou por internet en oleiros.org/bibliotecas/inscribete