Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Goberno municipal participa no acto institucional da Deputación polo Día do Orgullo LGBTIQ+

A Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Belén Taboada participou esta mañá no acto institucional organizado pola Deputación de A Coruña con motivo do Día do Orgullo LGBTIQ+, reafirmando o compromiso do Goberno municipal coa igualdade, a inclusión e o respecto á diversidade.

O encontro reuniu a representantes da corporación provincial, concellos e entidades sociais da provincia para reivindicar os dereitos do colectivo LGBTIQ+ e a construción dunha sociedade libre de discriminación.

O acto incluíu a lectura dun manifesto institucional e rematou coa actuación Coro de Cores, visibilizando a campaña “Ser e Sentir” que promove con diversas actividades o respecto pola diversidade en toda a provincia.

back link