Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros saca a licitación 6 parcelas para a construción de vivendas unifamiliares e 1 industrial do patrimonio municipal de solo por procedemento de poxa

O prazo de presentación de ofertas remata o día 4 de abril do 2024 ás 23:59 horas, debendo presentarse de xeito electrónico a través da plataforma de contratación ou de forma presencial a través do rexistro xeral, con arranxo aos requisitos previos establecidos en dita plataforma.

O Concello de Oleiros saca a licitación 6 parcelas para a construción de vivenda unifamiliares e 1 industrial do patrimonio municipal de solo por procedemento de poxa. As parcelas están situadas nas parroquias de Oleiros, Dorneda, Iñás e Nós. Os interesados poden consultar o  expediente administrativo e prego de cláusulas económico-administrativas particulares para o “Alleamento de parcelas para a construción de vivendas unifamiliares, integrantes do patrimonio municipal do solo, unha patrimonial e unha parcela para uso industrial, por procedemento de poxa” na Plataforma de Contratación do Sector Público desde o 6 de marzo.

 As parcelas e os importes base de licitación son os seguintes:



As persoas interesadas poderán presentar a súa oferta a través da Plataforma de Contratación do Sector Público ata o vindeiro día 4 de abril do 2024 ás 23:59 horas. No caso de presentación de oferta en papel en sobres pechados a través do Rexistro Xeral do Concello de Oleiros ou calquera outro rexistro admitido polo artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, o prazo rematará o mesmo día  de abril ás 13:30 horas.

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros.
 

back link