O Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes Elas Son Artistas chega ao Concello de Oleiros o vindeiro venres 24 de abril ás 21:00 horas cun concerto de LA OTRA .
Con máis de 700 concertos xa na súa traxectoria, moitos deles en Latinoamérica, onde acaba de compartir festival con Manu Chao, esta artista destaca pola súa profundidade poética e o intimismo. As súas letras falan de identidade, afectos, saúde mental. Entre as súas colaboracións están artistas como Rozalén, El Kanka, Pascuala Ilabaca ou Rupatrupa.
Entradas á venda con antelación, a partir do día 19 de abril, a través de www.giglon.com e no propio auditorio unha hora antes do espectáculo o mesmo día do evento, ata completar a capacidade da sala.