Un servizo que facilita á veciñanza de Oleiros ter os mellores servizos públicos, xa que contribúe a organizar co persoal necesario os esforzos que a institución realiza para satisfacer as demandas da cidadanía nas mellores condicións laborais e profesionais.
Publicouse unha demanda no Servizo Público de Emprego de Galicia (datos da oferta 12-2025-9974) para a contratación laboral temporal dun/ha auxiliar de servizos varios
As persoas interesadas poderán presentar unha solicitude acompañada do seu currículum vitae e do seu DNI no rexistro do Concello (en horario das 8.30 ás 14.00 h) durante os días 29, 30 e 31 de outubro de 2025, ou sumarse a esta demanda en curso a través do Servizo Público de Emprego de Galicia. Deberán estar en posesión da titulación mínima de certificado de escolaridade ou equivalente e do permiso de conducir da clase B. Non é necesario o pago de taxas por dereitos de exame.
Tamén poden presentar as solicitudes a través da sede electrónica (inscrición en procesos selectivos) ou dos medios recollidos na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.