Onde estamos

Atrás Museo Os Oleiros

Museo monográfico dedicado á olaría, con pezas de máis de 3000 anos de antigüidade e exemplares traídos dos diversos puntos da península e de América, donadas por Jose Mª Kaydeda.

Visitas guiadas: concertar nos teléfonos indicados.

HORARIO:

De martes a sábado: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

Domingos: visitas guiadas para grupos previa reserva.

Luns: pechado

ENTRADA DE BALDE

VISITAS GUIADAS: As visitas para grupos deben ser concertadas previamente no teléfono: 981 62 66 92 ou no correo electrónico: museos@oleiros.org

Tempo aproximado da visita: 50 minutos.

CUSTO: De balde. 

RECEPCIÓN: Os visitantes dispoñen de persoal especializado que os pode informar sobre os contidos do museo e ofrecerlles as indicacións axeitadas para realizar unha visita satisfactoria.

NORMAS DE ACCESO: Non está permitido o acceso con animais, salvo cans guía.

Non está permitido fumar no interior do edifcio nin acceder con alimentos, bebidas, mochilas, bolsas voluminosas ou paraugas.

Non está permitido tomar fotografías ou vídeos no interior. Se teñen interese nalgunha imaxe dalgunha peza poden solicitala ao persoal do centro.

ACCESIBILIDADE: ¿¿¿¿¿¿¿As instalacións do museo non están adaptadas para persoas con mobilidade reducida.