Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás Máis de mil estudantes participan na campaña educativa contra as violencias LGTBIfóbicas

O 6 de xuño de 2025 finalizou a campaña educativa “Puntos Arcoiris”, impulsada polo Concello de Oleiros, cunha participación total de 1.001 persoas entre alumnado, profesorado e persoal educativo. Concretamente, participaron 952 estudantes e 49 profesionais nos puntos informativos, así como 387 alumnos e alumnas e 33 docentes nos obradoiros en aula.


Entre o 19 de maio e o 6 de xuño, os Puntos Arcoiris estiveron presentes nos centros de ensino de primaria e secundaria, ofrecendo información, sensibilización, atención e recursos sobre diversidade sexual e de xénero, así como prevención das violencias LGTBIfóbicas. A iniciativa foi desenvolvida por profesionais especializadas en xénero, diversidade e violencias.

Paralelamente, desenvolvéronse obradoiros participativos en 3º e 4º de Primaria e 2º e 4º da ESO, centrados nas narrativas positivas como ferramenta de transformación social. Promoveuse a reflexión colectiva arredor dos discursos de odio e o papel do amor como motor de cambio e defensa dos dereitos sociais. As profesionais destacaron a participación activa do alumnado e o seu interese polos contidos vencellados á diversidade e as narrativas de cambio social. Con esta campaña, o Concello reafirma o seu compromiso cunha educación inclusiva, diversa e libre de violencias.

back link