Cabalgata de reis

O vindeiro luns os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A comitiva real será recibida oficialmente na Casa do Concello, estando previsto que ás 16:30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar saúden desde o balcón principal do consistorio a todos os nenos e nenas que se acheguen ata a praza de Galicia. Posteriormente iniciarán o seu itinerario por todas as parroquias do municipio en autobús descapotable. 

Os horarios aproximados de paso dos Reis Magos son os seguintes, aínda que poderían sufrir variacións en función do tráfico:

16:30 H - Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio 

16:40 H - Urbanización Os Regos, avenida Isaac Díaz Pardo
16:50 H – Urbanización O Seixo, rúa Cormorán  
17:00 H - Casa do pobo de Nós 
17:20 H – Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido 
17:35 H - Casa do pobo de Iñás 
17:50 H – Casa do pobo de Dexo
18:00 H – A Lagoa de Mera 
18:15 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo 
18:30 H – Praza Esther Pita de Santa Cruz
18:45 H - Av. Santa Cristina
19:00 H – Polideportiva II República de Perillo

Paralelamente, as entidades veciñais organizan o luns distintas actividades festivas coincidindo coa cabalgata. É o caso da Asociación de Veciños de Dexo que ofrece unha chocolatada na Casa do pobo tralo paso dos Reis Magos. En Mera, todas as entidades organizan conxuntamente unha festa desde as 4 da tarde con xogos populares, chocolatada e recepción real. En Perillo, a Asociación de Veciños A Ría tamén ofrecerá chocolate e roscón desde as 18:30 horas na polideportiva da II República para agardar a chegada do autobús cos Reis Magos.

Tamén haberá festas durante a fin de semana. Mañá sábado en Iñás, a Asociación de Veciños O Hórreo, organiza unha visita dos Reis Magos á Casa do pobo a partir das 18:00 horas. O domingo en Nós haberá cantos de reis e recepción ás súas maxestades con chocolatada a partir das 17:30 horas na Praza da Liberdade. En Santa Cruz, a Asociación de Veciños Santaia organiza unha recepción real ás 17:30 horas no Centro Cívico, acompañada de chocolate e roscón.
 

20240105 - Cabalgatas Reis Oleiros 2025 - 0049
Fecha
lunes, 05 enero 2026 16:30  -  20:30
Localización

Casa do Concello