Oleiros, 23 de abril de 2018-. Desde o vindeiro venres día 27 de abril e ata o 4 de maio estará aberto o prazo de preinscrición para as actividades municipais de verán. O Concello de Oleiros oferta para este verán unha ampla e variedade programación con todo tipo de actividades dirixidas a nenos e nenas de 3 a 18 anos de idade.
A preinscrición pode realizarse tanto a través da web municipal, na sede electrónica do Concello de Oleiros, como na conserxería do centro cultural A Fábrica, en horario de 8:00 a 15:00 horas. No caso daquelas actividades nas que queden prazas vacantes, o 30 de maio abrirase novamente a matriculación.