pruebas

Back PROGRAMA VEN E DESCUBRE 2026 "MIRANDO AO CEO"

Na actividade de excursionismo :

A terra de astrónomospola terras do Deza para coñecer a fondo o traballo do científico Ramon Aller Ulloa, visitando o observatorio que creou en Lalín e diferentes lugares da comarca.

En conexión co cosmosneste percorrido afondarase na conexión que establecen antigos poboadores entre a terra e o ceo. Visitando espazos tan importantes como o dolmen de Dombate e as terras de Laxe.

Baños de sol e marpercorrera a comarca do Salnés para coñecer a relación que a climatoloxía deste territorio, máis soleada, tivo e ten no desenvolvemento socioeconómico: explotacións de salinas, balnearios, turismo... Así como as lendas relacionadas coas ondas do mar.  

Na actividade de ollada de estrelas :

Ruta nocturna de observación dos ceos na illa de Sálvora 

Na actividade de sendeirismo :

O lago das estrelase un itinerario de sendeirismo que percorre “Lagostelle” no concello de Guitiriz . Un espazo cheo de lendas relacionadas con serpes, vilas asolagadas, amores frustrados no que se camiñará ata as brañas do Boedo de grande importancia ecolóxica para o mantemento dos ríos da Terra Cha.

Mareas de Baldaiose achegará a este espazo natural de Bergantiños , onde as mareas dan vida a un espazo ornitolóxico no que que se poden observar ata 256 especies diferentes de aves e que tamén conta cunha importante historia reivindicativa de loita pola súa conservación

Ruta da Luzsen a luz do sol non e posible a vida na terra. Sen a luz do ser humano: a solidariedade, bondade, amizade, a cultura e o amor non é posible a vida humana. Neste crítico momento da historia onde a ignorancia e a violencia inunda ao ser humano, queremos reivindicar a importancia da bondade, a cultura, o pequeno e o diverso. E nesta ruta por camiños rurais de Boimorto participaremos no “Festival de la Luz” unha experiencia interxeracional solidaria onde a música diversa e a protagonista.  

Cerca do ceoUnha ruta de sendeirismo de fin de semana polo interior de Galicia , onde a montaña e o románico serán os  protagonistas.

A quen vai dirixido?

Dirixido a persoas maiores de 65 anos empadroadas no Concello de Oleiros .

Inscricións

Para participar debe realizar a preinscrición preferentemente na Sede electrónicahttps://sede.oleiros.org/ No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo de maneira telefónica chamando ao telefono 981 610 000   en horario de tarde de 16:00 a 19:00 horas nos períodos distribuídos por localidade que pode consultar descargando o folleto do programa. 

  • prazo e inscrición da actividade de excursionismo e ollada de estrelas no período do 17 a 27 de abril.
  • prazo e inscrición da actividade de sendeirismo no período do  29 de abril a 4 de maio.
  • prazo e inscrición da actividade de sendeirismo de fin de semana no período do  1 a 4 de xullo.

Inscrición excursionismo

Documentos