Asset Publisher

Back Mövia studio

moviastudiocoruna@gmail.com

RRSS: @movia.studio

Movemento consciente aplicado a saude. 

Mövia é un método propio creado por Paula Cassoni con máis de 12 anos de experiencia, que integra ioga, pilates e traballo específico de chan pélvico dende un enfoque terapéutico. Un traballo consciente que mellora a forza, a postura, a flexibilidade e o benestar integral, adaptado a cada etapa da vida.

Colaboramos con centros deportivos e clínicas, ofrecemos clases de ioga para as ANPAS dentro das actividades extraescolares e tamén impartimos sesións a domicilio.

Un servizo próximo, profesional e personalizado, que achega o movemento saudable a distintos espazos e públicos da comunidade.