Inserción social

Back LIXTAXE DEFINITIVA DAS PRESTACIÓNS DE APOIO A COMEDOR ESCOLAR, CURSO 2025/2026

Unha vez finalizados os prazos ordinarios e extraordinario e tras a reunión da Comisión de valoración, publícase a listaxe co estado, das solicitudes da prestación de apoio para o comedor escolar do próximo curso 2025/2026.

O pasado 24 de xullo rematou o prazo de subsanación, das solicitudes de apoio ao comedor escolar para  durante o curso 2025/2026.

As persoas beneficiarias, comezarán a percibilas desde o primeiro día do curso escolar. Estas prestacións, cubrirán o 100 %, o 60 % ou o 40% do custo do comedor, en función da renda familiar de cada neno ou nena.

Ante calquera dúbida ao respecto é posible dirixirse a calquera das dúas oficinas do departamento de Servizos Sociais e Igualdade, ao teléfono de atención veciñal 981610000,  ou no correo electrónico s.sociais@oleiros.org 

Asset Publisher

ORDENANZA DE MEDIDAS POLA INCLUSIÓN SOCIAL (pdf, 175,8 kB)

O pasado 03/10/2024 foi publicada no BOP o texto definitivo da Ordenanza das Medidas de Pola Inclusión Social do Concello de Oleiros. Esta ordenanza entrou en vigor o o pasado venres 25/10/2024 unha vez transcorridos os 15 días hábiles, para posibles alegacións do Estado ou da CCAA.