Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Map Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Phone 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Map Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Phone 981 610 000, EXT. 3601, 3112

Asset Publisher

Back O programa “Coñecerse é vivirse” chega cun novo obradoiro sobre a (peri)menopausa sen tabús

No marco da conmemoración do 8M de 2026, Día Internacional das Mulleres, o Concello de Oleiros continúa desenvolvendo o programa «Coñecerse é vivirse», orientado a crear espazos de encontro, reflexión e aprendizaxe arredor do coñecemento do corpo e da saúde das mulleres.

«Coñecerse é vivirse» é un programa no que se desenvolven distintos obradoiros dirixidos a mulleres, coa finalidade de aumentar o coñecemento sobre o seu propio corpo. Nesta ocasión celebrarase o obradoiro A importancia da nutrición nas mulleres. A (peri)menopausa sen tabús, unha actividade centrada na relación entre alimentación, saúde e benestar nas etapas da perimenopausa e da menopausa.

A (peri)menopausa constitúe unha transición vital que implica cambios hormonais, metabólicos e emocionais que poden ter impacto na saúde das mulleres. Nesta etapa poden aparecer alteracións como cambios na composición corporal, variacións no metabolismo, perda de masa ósea ou diferentes síntomas asociados ao climaterio. Neste contexto, a alimentación e os hábitos de vida saudables desempeñan un papel fundamental para acompañar estes cambios, mellorar o benestar e contribuír á prevención de determinados problemas de saúde.

Neste marco, o obradoiro abordará de maneira clara e accesible como a nutrición pode converterse nunha ferramenta clave de autocoidado, achegando información sobre nutrientes e hábitos alimentarios que poden favorecer o equilibrio hormonal, a saúde ósea, o sistema cardiovascular ou a xestión dalgúns síntomas frecuentes nesta etapa. Ao mesmo tempo, procurarase romper co silencio, os tabús e as visións negativas que adoitan rodear o climaterio, promovendo unha mirada máis informada e positiva sobre esta fase da vida.
A sesión terá unha metodoloxía participativa, baseada no diálogo e na posta en común de experiencias, co obxectivo de ofrecer ás participantes recursos prácticos e coñecemento para tomar decisións sobre a súa saúde desde a autonomía e a información rigorosa.

O obradoiro estará impartido por Candela Martínez Castro, dietista-nutricionista especializada en nutrición xinecolóxica e deportiva, doutoranda no programa de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña e divulgadora en redes sociais sobre alimentación e saúde feminina.

A actividade está dirixida a mulleres a partir dos 40 anos empadroadas no Concello de Oleiros e terá lugar no Salón de Actos do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo (Rúa Regos 24, Urbanización Os Regos) o martes 24 de marzo ás 18:30 horas.
O número de prazas é limitado (30) e asignaranse por rigorosa orde de inscrición. O prazo para inscribirse estará aberto do 16 ao 20 de marzo, a través da páxina web municipal, no apartado Participa.

Para máis información, pódese contactar co Servizo de Igualdade do Concello de Oleiros no 981 610 000 (Ext. 3503), no 604 02 51 60, ou nos correos electrónicos igualdade@oleiros.org e igualdadeoleiros@gmail.com.
 

back link