Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Map Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Phone 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Map Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Phone 981 610 000, EXT. 3601, 3112

Asset Publisher

Back O Concello participa, a través do Fondo Galego, no impulso da Rede de Electas Municipais de Galicia

A Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade na que participa o Concelo de Oleiros deu luz verde ao proceso de constitución da Rede de Electas Municipais de Galicia, seguindo o exemplo das redes de mandatarias locais creadas en Mozambique e Cabo Verde. A iniciativa xurdiu precisamente do grupo de alcaldesas e concelleiras que participaron o mes pasado no II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’ celebrado na cidade de Praia. A primeira edición tivera lugar na Coruña a finais de 2024, cos mesmos fins de fomentar a participación das mulleres no poder local e as políticas con perspectiva de xénero.

 A alianza, para a que se recadará o apoio da Fegamp, botará a andar coa creación dunha Comisión Instaladora. A incorporación das mulleres á política local resulta clave para promover a igualdade de xeito tanto específico como transversal. No entanto, os datos revelan un baixo grao de representación feminina nas esferas de toma de decisións e, de feito, dos 313 concellos galegos só 69 contan cunha muller ao mando, o que supón un 22%. As cifras empeoran nos municipios pequenos, onde as listas electorais paritarias non son obrigatorias.


A orde do día da Asemblea incluía asemade a ratificación das altas de cinco novos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. María Muíño, secretaria da entidade e concelleira en San Sadurniño, deulles a benvida a Cerdedo Cotobade, Fisterra, Pazos de Borbén, Vilaboa e  Xunqueira de Espadanedo. Deste xeito, o Fondo Galego suma un total de 120 concellos e as catro deputacións de Galicia, que contribúen así á loita contra a pobreza e as desigualdades nos chamados países do Sur Global.


Cinco dos proxectos actualmente en curso foron presentados precisamente por outras tantas ONGD que obtiveron financiamento a través da convocatoria de axudas do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Medicus Mundi fomenta a soberanía alimentaria e o liderado das mulleres no Salvador, Solidariedade Internacional de Galicia facilita o acceso a unha alimentación nutritiva para menores indíxenas en Guatemala, a Fundación Mozambique Sur apoia varios centros infantís, Sodepaz proporciona enerxía solar para garantir a respiración asistida a nenas e nenos cubanos, mentres Asemblea de Cooperación pola Paz aposta pola inclusión, o emprendemento e a economía circular na Habana.


A estes proxectos súmanse outros nos que o Fondo Galego colabora directamente con entidades locais de Mozambique, Cabo Verde ou Guinea-Bissau e aos que envía persoal técnico municipal a través do programa Especialistas en Cooperar. O Plan de Actividades 2026 aprobado na Asemblea incorpora asemade máis de 50 actividades de educación para a cidadanía global a realizar nos concellos socios, en forma de exposicións, teatro, cursos, charlas ou cine para sensibilizar sobre outras realidades e promover a educación en valores.

back link