Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Map Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Phone 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Map Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Phone 981 610 000, EXT. 3601, 3112

Asset Publisher

Back Multitudinario acto feminista na Fábrica sobre o Patronato de protección a la mujer franquista

O auditorio da Fábrica quedou pequeno ante a grande afluencia de persoas que quixo participar no acto central do Concello de Oleiros polo 8-M. O coloquio, no que se informou e denunciou os crimes contra as mulleres cometidos no Patronato de protección a la mujer entre 1941 e 1985, foi un acto cheo de feminismo, memoria, humanidade, verdade, emoción, loita, antifascismo, xustiza... 

As reveladoras testemuñas de Consuelo García del Cid Guerra, María Dolores Gómez Benito, Francisca Blanco Díaz, Salomé da Torre, así como os datos aportados pola investigadora Belén López Cillero sobre esta institución franquista que perduorou durante os primeiros anos de democracia; fixeron deste coloquio unha xornada extraordinaria e digna de divulgar entre a cidadanía. O acto estivo conducido pola xornalista Mayte González Trillo.
 

back link