Hemeroteca

Asset Publisher

Back Nova edición do Premio Literario Descubrindo Oleiros

 Oleiros, 26 de decembro de 2022-. O Concello de Oleiros convoca a novena edición do Premio Literario Descubrindo Oleiros, un concurso que procura a promoción da lingua e dar a coñecer espazos do noso municipio.

 
Poderán concorrer a este premio todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO, mozas e mozos de 16 e 17 anos e persoas maiores de 18 anos empadroados/as ou escolarizados/as en Oleiros e sempre que os relatos presentados se axusten ao especificado nas bases.
 
Os relatos estarán ambientados necesariamente en Oleiros e escritos en lingua galega. Deben ser inéditos e que non fosen premiados en ningún outro concurso e non estean pendentes de fallo noutros premios. Presentaranse co título orixinal e un pseudónimo, sen ningún dato que revele a identidade do autor ou autora.
 
O prazo de presentación será ata o 23 de xaneiro, no caso do alumnado a través dos centros de ensino ou no rexistro da Fábrica, e no caso das persoas adultas, só a través do Rexistro indicado.
 
 
back link