Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello apoia o proxecto sanitario de cooperación en Chiapas de Solidariedade Galega

 Oleiros, 14 de decembro de 2022-. A ONG Solidariedade Galega finalizou o proxecto de atención sanitaria no Hospital San Carlos Altamirano, referente para a poboación indíxena de Chiapas, en México, que desde 2016 apoia en colaboración directa co propio hospital, xestionado polas Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl. Atendéronse 461 consultas, realizáronse 158 intervencións en distintas especialidades e foron entregadas 182 gafas.

 
Esta misión solidaria levou a 10 profesionais sanitarios que utilizaron as súas vacacións para prestar servizo durante 15 días nas especialidades de cirurxía xeral, anestesia, xinecoloxía, cardioloxía e oftalmoloxía, das que carece o hospital. O centro sanitario é o referente para a atención da poboación indíxena de Chiapas —o 89% da poboación—, brindando unha atención de calidade como dereito fundamental de toda persoa, independentemente da súa situación económica. 
 
O Concello de Oleiros financiou na súa totalidade este proxecto con 16.450 euros.
back link