Hemeroteca

Asset Publisher

Back As corais de Nós, Santa Cruz, Oleiros e Mera participan o domingo no Concerto de Nadal

 Oleiros, 13 de decembro de 2022-. O vindeiro domingo 18 de decembro, ás 19:30 horas, celébrase o Concerto de Nadal de Corais do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Participarán a Coral Polifónica Airiños de Nós, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro de Oleiros  e a Coral Polifónica de Mera, que despois das súas respectivas actuacións cantarán de maneira conxunta a panxoliña Doce sono.

 
Este concerto é unha das diversas iniciativas que realiza o Concello para fomentar o canto coral como expresión cultural e artística e ferramenta para a convivencia.
back link