Oleiros, 8 de novembro de 2022-. O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Talía Teatro presenta a obra de teatro Morte accidental dun anarquista, dirixida por Cándido Pazó, coa interpretación de Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.