Hemeroteca

Asset Publisher

Back Éxito de asistencia e vendas na XXXIII Feira do Mel

 Oleiros, 6 de novembro de 2022-. Máis de 1.500 persoas asistiron á edición 33 da Feira do Mel, celebrada esta mañá en Perillo. O éxito de vendas foi tal que a maioría dos 36 apicultores participantes venderon toda a mel que traían para a feira.

 
A xornada estivo amenizada polo grupo folclórico Semente Nova de Perillo e a Banda da Escola Municipal de Música, que ofreceu un extraordinario concerto cun repertorio moi variado, dunha hora de duración.
back link