Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello volverá presentar alegacións contra a ampliación da pegada sonora do aeroporto

 Oleiros, 24 de outubro de 2022-. A Dirección Xeral de Aviación Civil, que aínda ten sen responder as alegacións presentadas en 2020 polo Concello e numerosos veciños e veciñas, ten exposto desde o pasado día 17 de outubro unha nova normativa coa que pretende consolidar unha pegada sonora que hipotecará centos de propiedades en Montrove, desde a ría ata a Igrexa de Liáns. Todos os terreos afectados por esta pegada, en caso de aprobarse definitivamente, non serían construíbles como vivenda. 

 
O Concello gañara no seu día un preito que obrigaba a reducir a pegada sonora do aeroporto ata O Seixal, pero con esta ampliación volveríase a ampliar novamente. Ademais da pegada sonora, o Plan director do aeroporto de Alvedro afectará con servidumes aeronáuticas a todo o municipio, que si permitirán construír pero obrigarán a contar con informes e autorizacións de Aviación Civil para numerosas licenzas e actividades.
 
O Concello de Oleiros volverá alegar contra esta pegada sonora e proporcionará a todas as persoas interesadas os modelos necesarios para presentar alegacións. O Goberno municipal non está en contra do aeroporto de Alvedro, pero as limitacións que ten non se poden resolver eliminando o desenvolvemento dos concellos da comarca da Coruña.
back link