Hemeroteca

Asset Publisher

Back Conexión Pingüín, este sábado no Gabriel García Márquez de Mera

 Oleiros, 17 de outubro de 2022-. O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Culturactiva Producións presenta a obra de teatro Conexión Pingüín, dirixida por Marcos Orsi e coa interpretación de Luis Iglesia e Marcos Orsi. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio. 

 
Conexión Pingüín é unha reflexión cómica sobre a incomunicación na era da comunicación. Unha comedia sobre a incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todos os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo… Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas.
 
A trama desta montaxe ten dous planos aparentemente distantes na época, na latitude e no contexto, mais conectados pola liña condutora deste divertido texto. Por un lado, os dous protagonistas trasladarán o público ao ano 1923, cando tivo lugar unha famosa expedición con rumbo ao polo sur magnético. Dous intrépidos montañeiros, con falta de sentido común e exceso de ego, terán que loitar contra as inclemencias polares, a falta de escoita, o despiste mortal e as súas propias barbas, que non paran de medrar. E por outro lado, unha conferencia formal que, case un século despois, rememora e actualiza aquela fazaña antártica.
 
back link