Asset Publisher

Back Xornadas de Orientación Académica

XIII Xornadas de orientación académica

 

Un ano máis, organizaremos e deseñaremos as Xornadas de Orientación Académica coa colaboración e a axuda dos equipos de orientación dos distintos centros, xa que os orientadores coñecen as necesidades académicas do noso alumnado.

As xornadas para 2º de bacharelato, terán lugar durante unha mañá, mentres que para 4º da ESO a duración será aproximadamente de tres horas. En canto a estrutura e os relatores serán analizados e propostos en reunións cos orientadores para adaptar as charlas ás necesidades reais do alumnado.
 

Obxectivos xerais

  • Informar e orientar ó alumnado de secundaria e bacharelato da oferta de estudos, unha vez rematado os seus ciclos académicos: ciclos formativos, estudos universitarios, programas europeos, bolsas...

Metodoloxía

ACCIÓNCURSOOBXETIVOSDURACIÓN
XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA4º ESORealizar xornadas, mesas informativas, sobre as necesidades académicas ao rematar cada ciclo educativo. Así como a presentación, a difusión e a información da oferta formativa regrada e non regrada, programas europeos, universidades, bolsas...2 horas
2º BacharelatoUnha mañá

 

Destinatarios

  • O alumnado de 4º da ESO e 2º de bacharelato dos IES de Oleiros

Datas

  • 17 e 18 de abril.