Asset Publisher

Back Un día en Galicia

 UN DÍA EN GALICIA

Coa intención de ir renovando a nosa oferta de actividades, e de utilizar a “viaxe”, como vehículo educativo, propoñemos este programa para ampliar a perspectiva e o coñecemento sobre o noso país, a súa historia, a súa cultura, e as súas xentes.
Pretendemos tamén, completar de forma graduada o acercamento dos nenos e nenas ó seu contorno, desde o máis inmediato ata o máis afastado (a súa parroquia, o seu concello, os concellos limítrofes, a súa provincia, o seu país, o mundo....), coa esperanza de axudar a entender que formamos parte dun mundo diverso, marabilloso, e que merece a pena coñecer.
Para elo, sairemos de viaxe ás 9 da mañá desde as aulas, para mergullarnos durante todo un día, nun lugar tan recóndito como achegado xeograficamente, chegando de novo ó colexio aló pola tardiña.
Está no noso ánimo, achegar esas “vilas” que aínda viven dentro das “cidades”, aos nosos nenos e as nosas nenas, e mergullarnos en Galicias pasadas, que nos permita entender un pouco máis se cabe, esta Galicia presente.
E é que entendemos que a educación tamén e cuestión de perspectiva.

Obxectivos
- Descubrir as características máis definidoras a nivel natural, social e cultural de cada lugar.
- Promover a convivencia e a socialización do grupo, fóra do colexio.
- Ampliar o coñecemento dun contorno inmediato, desde outras perspectivas.
- Abrir e posibilitar ó profesorado novos xeitos de ensinar en contacto directo co medio vital.
-
Actividades
Visitas guiadas e rotas interpretativas.
Dinámicas de grupos e xogos de descuberta ambiental do contorno.
Obradoiros e actividades de coñecemento do medio.
Actos culturais.

Destinatarios
O alumnado de 3º ciclo, de cada Centro de Educación Primaria do Concello de Oleiros.

Monitoraxe
Ademais dos profesores que a normativa obriga, as excursións estarán guiadas por educadores e intérpretes ambientais profesionais.

As experiencias educativas do programa de “Un día en Galicia” deste Curso Escolar concrétanse nas seguintes excursións: