Asset Publisher

Back Hortas Escolares

HORTAS ESCOLARES

Introdución
A horta escolar constitúe un recurso educativo moi importante, dado o potencial de contidos pedagóxicos que se poden chegar a tratar na súa realización.
Na constitución da horta escolar van prevalecer os criterios pedagóxicos sobre os agrícolas. Non se trata dunha parcela na que cultivamos leitugas ou tomates, se non que debemos entende-lo como un espazo dentro da Escola no que imos abordar unha serie de contidos encamiñados a desenvolver as capacidades dos nenos e nenas.

Obxectivos
¿ Desenvolver as capacidades de investigación e exploración na horta.
¿ Estimular a capacidade de comunicación e sociabilidade dos individuos do grupo de alumnos.
¿ Fomentar o recoñecemento dos cultivos e sementes.
¿ Realizar a colleita, completando o proceso, levando cada quen para a súa casa o cultivado.

Destinatarios
Aulas de Educación Infantil de 0-3 anos das Escolas: “A Pardela” en Os Regos, “As Galeras” en Bastiagueiro, “A Canteira” en Perillo e “A Braña” de Mera. Ademáis das aulas de infantil de 3-5 anos dos Colexios: “Luís Seoane”, “Isidro Parga Pondal” e “Ramón María del Valle Inclán”.

Duración
Realizarase unha sesión de 50 min. á semana por aula participante

Datas
As sesións celébranse ao longo do Curso escolar 2012/13 e o primeiro trimestre do 2013/14.
Monitoraxe
A actividade “Hortas Escolares” está dirixida por educadores especialistas en cultivos hortícolas.