Asset Publisher

Back Aprendemos na natureza

 1.   APRENDEMOS NA NATUREZA

         A mellor aula de aprendizaxe,  é o propio medio natural onde desenvolvemos as nosas vidas. Estamos xa nos dezanove anos de experiencias únicas, de aprendizaxes en directo desde o medio natural e cultural cos Centros do Ensino Público de Oleiros. Dende o inicio do programa ate hoxe xa foron moitos os destinos elixidos  e os alumnos e alumnas participantes cos seus respectivos mestres e mestras a zonas do País cun alto interese natural, histórico - artístico, xeográfico, económico ou etnográfico, e algunha zona a cabalo entre Galicia e  Asturies ou León. 

 

Obxectivos

- Descubrir as características máis definidoras a nivel natural, social e cultural de cada lugar.

- Promover  a convivencia e a socialización do grupo.

- Abrir e posibilitar ó profesorado novos xeitos de ensinar en contacto directo co medio natural.

- Fomentar a autonomía e o desenvolvemento persoal dos nenos e nenas , fóra do ámbito familiar e escolar.

 

Actividades

         As peculiaridades de cada zona fan moi recomendable a realización de rutas para o desfrute e estudio da contorna.

         Realizaranse xogos de simulación e descuberta ambiental para a mellor comprensión das características de cada zona.             

         Obradoiros de natureza, visitas de interese e dinámicas de grupo.

 

Destinatarios

         O alumnado de educación primaria dos Colexios Públicos de Oleiros.

         O profesorado dos niveis participantes.

 

Monitoraxe

Ademais dos profesores que a normativa obriga, as excursións estarán guiadas por educador@s profesionais, con amplia experiencia.

 

Solicitude de excursión

         Como norma xeral, cada Colexio poderá escoller unha excursión como máximo a calquera dos destinos máis abaixo sinalados. Para iso, deberá cubrir e enviar a ficha de solicitude de actividades municipais.

 

Os destinos dos “Aprendemos na Natureza” deste Curso Escolar concrétanse nas seguintes excursións: