A pista municipal de tenis de Bastiagueiro é unha instalación deportiva
de acceso libre e gratuíto destinadas á práctica recreativa do tenis por parte das
persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
As pistas poden utilizarse sen reserva previa sempre que estean dispoñibles. Non obstante, existe un sistema de reserva que permite obter un dereito de uso
preferente na franxa horaria autorizada.
Condicións de uso
- O uso das pistas é gratuíto e exclusivo para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
- As instalacións dispoñen de iluminación para facilitar a práctica deportiva en horarionocturno (activación mediante pulsador).
- O tempo máximo de utilización é de 60 minutos por reserva, coincidindo coas horas en punto.
- Cada persoa usuaria poderá solicitar un máximo de 3 franxas horarias semanais.
As pistas están destinadas exclusivamente á práctica particular do tenis.
Non está permitida a organización de cursos, adestramentos ou clases particulares
con fins lucrativos nin a terceiros.
Sistema de reserva
As persoas usuarias que desexen obter un dereito de uso preferente deberán
solicitar a correspondente reserva cunha antelación mínima de 48 horas laborables
respecto da data e horario solicitados.
Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos, o Servizo Municipal de
Deportes emitirá a correspondente autorización de uso e remitiraa ao enderezo
electrónico facilitado pola persoa solicitante.
Importante: A presentación da solicitude non implica a concesión automática da
reserva nin outorga dereito de uso preferente da instalación. Este dereito
adquirirase unicamente unha vez emitida a correspondente autorización polo
Servizo Municipal de Deportes.
Como solicitar unha reserva
As solicitudes deberán presentarse a través do Rexistro Xeral do Concello:
Presencialmente no Rexistro da Fábrica (Rúa do Inglés, nº 13).
A través da Sede Electrónica Municipal.
No caso de incidencias coa Sede Electrónica, pode solicitar asistencia enviando un
correo electrónico a soportesede@oleiros.org, indicando un teléfono de contacto.
Primeira solicitude: Para solicitar a reserva por primeira vez será necesario achegar
a autorización para a comprobación dos datos de empadroamento, debidamente
cuberta e asinada. O modelo normalizado está dispoñible para descarga ao final
desta páxina, no apartado de documentación anexa.
Documentación anexa
Modelo de autorización para a comprobación dos datos de empadroamento.
- Avda. Ernesto Che Guevara, Praia de Bastiagueiro, LIÁNS