Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 24 de xullo

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116253- Infantil (ata 10 anos):
 
Unha viaxe polo mundo, texto e música As Maimiñas; ilustrado por Patricia Castelao
Galaxia

Mai e Miña xuntas forman As Maimiñas, un día foron dar un paseo e camiñando, camiñando pasaron os Pirineos chegando a outros países cada vez máis lonxe. As Maimiñas invitan a todas as nenas e nenos a que lean o libro e escoiten este CD, cun montón de cancións e bailes típicos que de seguro farán as delicias dos máis  pequenos e enriquecerán os seus coñecementos de cidades e monumentos famosos dunha forma lúdica.

- Mozas/os e Adultas/os:

Nosotros, los ahogados, de Carsten Jensen

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=117325 Salamandra

A acción da novela, convertida en epopeia da navegación e dos navegantes transcorre na cidade de Marstal, localidade da costa danesa onde naceu o autor. A narración lévanos desde Dinamarca ata os mares do Sur porque boa parte desenrólase nas sucesivas embarcacións que surcan os mares do planeta con algún mariñeiro nado en Marstal. Desde a guerra que enfrentou a Prusia e Dinamarca ata a Segunda Guerra Mundial, o autor aproveita os diferentes paisaxes e sucesos para facer pasar aos seus protagonistas da infancia á madurez a través das peripecias da navegación que tamén evoluciona desde a navegación  a vela ata a propulsión a vapor.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.