- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Trenfugiados" texto de José Campanari e ilustracións de Evelyn Daviddi. Editado por La fragatina.
Trenfugiados é un delicioso álbum ilustrado que narra a historia duns curmáns que están pasando a tarde na casa da súa avoa. O máis pequeno de todos (Juan), comenta que o día anterior el e os seus compañeiros levaron comida á escola para os “trenfuxiados". Palabra inventada por el mesmo que a explica dicindo que “é trenfuxiados porque na súa lingua fuxiados significa mollados e cando subiron ao tren ían mollados”. Un conto que expón de maneira sinxela unha problemática actual.
- Mozas-os e adultas-os:
Conta a vida de Manni Steinn, un adolescente de 16 anos, orfo, que vive cunha tía avoa en Reikiavik. Gaña uns cartos como prostituto. Usa o seu corpo sen inmutarse, non o pasa mal e saca
as moedas para pagarse o que de verdade lle interesa: o cine. Amosa unha sociedade islandesa hipócrita, de principios do século XX, 1918, concretamente, ultraconservadora e intolerante coa homosexualidade do rapaz. Sjón presenta, a base de frases curtas e palabras sinxelas, un fresco portentoso dunha época e das súas xentes.