Asset Publisher

Back Obradoiro "Leixaprem" n' As Torres de Santa Cruz: 5 de decembro

O Obradoiro de poesía "Leixaprem: Martín Codax" correrá a cargo do músico Juan Carlos Vázquez e participará o alumnado de 3º D de ESO do IES Miraflores de Oleiros, de 10:30 a 12:30. Celebrarase n' As Torres de Santa Cruz.

"Leixaprem" é un obradoiro de poesía, música e pintura a través do tempo (Século XIII - S. XXI). Unha actividade de creación poética a partir do poema de Martín Codax -"Eno Sagrad ´ en Vigo" (S. XIII)-, cantiga de amigo que emprega o paralelismo.
As/os participantes escribirán e completarán unha cantiga medieval. A partir dun artificio formal, propiciado pola propia estrutura do leixaprem, elaborarán unha nova versión do poema “Eno sagrad’ en Vigo” de Martín Codax, acompañado de música modal con carácter improvisatorio.