Asset Publisher

Back Mes do Libro na Biblioteca de Montrove

Biblioteca de Montrove

Durante todo o mes (luns a venres de 16 a 20 h.)

Presentamos unha Exposición bibliográfica adicada a Hans Christian Andersen, William Shakespeare e Miguel de Cervantes.

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o Día Mundial do Libro (23 de abril) agasallaráse cun título a todas as persoas que pasen durante este mes.

Os nenos e nenas que o desexen poden colaborar cun debuxo, unha poesía ou un conto para a elaboración dun libro que se expoñerá nesta biblioteca.

Esperámosche!