Concellería de Servizos Sociais e Igualdade

Imagen Introducción servicios sociales

Conseguir unha certa igualdade nas condicións de vida e impulsar mecanismos de reequilibrio social é a misión deste departamento, que ten un importantísimo papel en todo o relacionado coa promoción dos coidados e a integración plena na vida colectiva das persoas que máis o necesitan, con especial atención ás persoas maiores, ás súas condicións de vida e ao seu tempo de lecer.

Asset Publisher

Por el momento no existen registros
Imagen Belén Taboada Casal Belén Taboada Casal

Sexta tenenta de alcalde e concelleira de Servizos Sociais e Igualdade

Belén Taboada Casal
Phone
981 610 000 ext. 3118 - 3112 - 3601

Nested Applications

Por el momento no existen eventos

Back Recomendacións en Radioleiros: 22 setembro 2023

"Si vienes a la tierra" de Sophie Blackall e "O que non sabías" de Elba Pedrosa

Recomendacións en Radioleiros: 22 setembro 2023

- Infantil (de 6 a 8 anos):

"Si vienes a la tierra" de Sophie Blackall. En Anaya.

"Si vienes a la tierra" de Sophie BlackallImaxina que tes que convencer a un extraterrestre para que veña visitar a Terra. Que destacarías do noso planeta para que lle parecese un sitio digno de ser visitado? Quinn, o noso protagonista, teno moi claro. O neno escribe unha invitación na que conta todo o que para el é importante que se coñeza da Terra. Todo aquilo que a fai única e diferente. Estamos ante unha potente mensaxe de diversidade e de unión que nos lembra que xuntas e xuntos temos o deber de coidar o planeta, porque llo debemos por ser o noso fogar.

"O que non sabías" de Elba Pedrosa

- Mocidade e persoas adultas:

"O que non sabías" de Elba Pedrosa. Editado por Xerais.

Versión dixital en GaliciaLe

Narra a historia dunha familia galega que garda segredos do pasado. Segredos que se van herdando de xeración en xeración e que acaban por saír á luz grazas aos dous protagonistas, Marisa e o seu fillo, Roberto, que será o narrador. Tras a desaparición do pai, no mar, a vida desta familia cambiará totalmente. Marisa intentará atopar a liberdade para poder ser ela mesma nunha sociedade que a asfixia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

Asset Publisher

Please configure this portlet to make it visible to all users.

Asset Publisher

Please configure this portlet to make it visible to all users.

Asset Publisher

Please configure this portlet to make it visible to all users.

Asset Publisher

Please configure this portlet to make it visible to all users.

Asset Publisher

Please configure this portlet to make it visible to all users.