Coma todolos anos, o Concello de Oleiros a travez da Concelleria de Servicios Municipais, dedica o mes de Agosto para realizar os traballos de mantemento xeral e conservación das instalacions de ensino publco, de cara o comenzo do curso escolar 2013-2014. Entre estas instalacions tamen se incluen as catro Galescolas ( Garderias ). Os traballos que se estan a desenrolar centranse,nas revisións preventivas e correctivas das instalacions electricas e alumeados, instalacions de fontaneria e saneamento, baixantes, canalóns e recollida de pluviais,tamen estase a revisar toda a carpinteria de madeira e de aluminio, e pequenos traballos de albañileria e impermeabilización, asi coma as limpezas xerais e cambios de mobiliario dentro dos centros. Asi mesmo este ano faise unha revisión das instalacións deportivas nos patios de recreo e xogos didacticos para a sua posta a punto. Por outra parte vanse facer as revisións programadas ( Preventivas e correctivas )das instalacions termicas, calefaccions e outras que pola súa complexidade seran feitas por unha empresa especializada, e que esta a ser contratada polo Concello.