Asset Publisher

Back MELLORAS NO ENTORNO DA PISCINA MUNICIPAL DE OLEIROS

 Nestes días estanse levando a cabo a melloras no entorno da piscina municipal de Oleiros.

As melloras consiten en:

- Delimitar  aparcamentos no sitio máis adecuado e próximo á entrada de dita instalación facilitar a accesibilidade aos usuarios discapacitados e de mobilidade reducida .

 - Instalarase unha varanda de seguridade na baixada lateral, que da acceso a nova zona de aparcamento.

  - Dotar o aparcamento dunha torre de iluminación con dous focos, cunha potencia de 250 watios cada un.

 Con estas actuacións, a Concellería de Servizos Municipais, pretende dar resposta ás demandas dos usuarios de dita instalación.