PRESENTACIÓN

Esta Concellería agrupa os servizos de mantemento de parques, xardíns e áreas verdes, o servizo de limpeza viaria e a supervisión e control do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos.

A meirande parte destes servizos están contratados a empresas externas, anque o Concello conta con persoal propio para realizar o mantemento de certas zonas verdes e para completar o servizo de limpeza viaria en zonas non contratadas.

Asset Publisher

Back Celebración do día da Árbore en Maianca

Coma ven sendo habitual nos últimos anos, temos celebrado o Día da Árbore cos pequenos do preescolar Luís Seoane, realizando unha prantación de 10 castiñeiros, 4 pradairos, 3 piñeiros e 5 tamarix na pradeira da rúa Gaza, en Canide.

No acto contamos tamén coa participación de membros da Asociación de Veciños San Cosme e persoal municipal.

Despois de varios aprazamentos por causas climatolóxicas, na mañán do día 11 de abril, as nenas e nenos puxeron todo o seu empeño en realizar a prantación e estarán atentos a coidar e vixiar o correcto crecemento destas novas árbores.