Asset Publisher

Back Enlucido de alcorques en Urbanización A Pezoca

Xa foron rematados os traballos de enlucido con caucho dos alcorques da Urbanización A Pezoca, en concreto nas rúas Brasil, Perú, Chile e Colombia.

Este tratamento de alcorques, ademáis dunha indubidable mellora estética, supón unha protección para ás árbores, pois permite o paso da auga ó seu traves e elimina a competencia coas malas herbas.

Estes traballos, que se irán realizando pouco a pouco en outras zonas do Concello, foron incluídos coma mellora sen custe engadido, dentro da oferta da empresa UTE Oleiros Servicios Urbanos, adxudicataria do Lote 2 do Servizo de Limpeza Viaria do Concello de Oleiros.