Trámites de información pública

Back Declaración de Zona de Situación Acústica Especial no ámbito do Proxecto de Urbanización do Polígono 22 “A Xesteira”

Aprobación inicial e apertura de prazo de exposición pública para a tramitación do expediente para a declaración de Zona de Situación Acústica Especial no ámbito do
Proxecto de Urbanización do Polígono 22 “A Xesteira”

EXPEDIENTE: 2025/URBANIS/001089
Mediante Resolución núm. 2026000441 do 30 de xaneiro, aprobouse inicialmente Aprobar
inicialmente o mapa de ruído correspondente ao ámbito do do Polígono 22 “A Xesteira”,
elaborado coa base no estudo acústico presentado pola consultora Isanor Acústica (informe
núm. 086/2025 - NRE 2025021730, de 8 de outubro), de conformidade co disposto no artigo 14
da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do Ruído, así como a proposta de declaración de Zona de
Situación Acústica Especial que se contén e xustifica no mesmo documento.

O citado mapa de ruído, así como a proposta de declaración da Zona de Situación Acústica
Especial no ámbito do Polígono 22 “A Xesteria” pode consultarse:

  • A través da páxina web do Concello de Oleiros, no apartado de información pública da área de Urbanismo.
  • Na sede electrónica do Concello de Oleiros, a través do CSV VCFL7B5FFY0PB3LK.
  • No taboleiro de anuncios.

A publicación deste anuncio supón a apertura dun prazo dun mes aos efectos de dar publicidade e permitir que se presenten alegacións á proposta inicial referida.

Oleiros, 2 de febreiro de 2026
Asdo.: Ángel García Seoane
Alcalde-Presidente
 

Para descargalo documento completo do estudio acústico -pinche aquí-