ESTUDO DE DETALLE PARA O REAXUSTE DE ALIÑACIÓNS NA RÚA
RULA, O CARBALLO, NOS (Expediente 2025/PLANEAM/000013 - FG Nº 757)
Aprobación inicial do ESTUDO DE DETALLE PARA O REAXUSTE DE ALIÑACIÓNS NA RÚA
RULA, O CARBALLO, NOS (Expediente 2025/PLANEAM/000013 - FG Nº 757)
Mediante Resolución da Alcaldía número 2026001789 do 7 de abril de 2026, acordouse aprobar
inicialmente con condicións o ESTUDO DE DETALLE PARA O REAXUSTE DE ALIÑACIÓNS NA RÚA RULA, O CARBALLO, NOS (Documento NRE 2026003.592, do 23 de febreiro).
De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org, na sección de urbanismo, trámites de información pública, polo prazo DUN MES, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 14 de abril de 2026
Ángel García Seoane
Alcalde-Presidente.
A continuación ten un enlace para descargalo documento completo comprimido.