Modificacións puntuais

Modificacións puntuais

Modificacións puntuais

Neste apartado da WEB iranse incorporando as Modificacións Puntuais do Plan Vixente aprobadas e as que se atopen en tramitación.

Back MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº18, Retirada do Catálogo dun hórreo situado en Mera, polo trámite de modificación non substancial

Na sesión extraordinaria do Pleno que tivo lugar o 30 de abril de 2025, acordouse aprobar
inicialmente a modificación puntual núm. 18 do PXOM: Retirada do Catálogo dun hórreo situado en
Mera, polo trámite de modificación non substancial.

Mediante acordo do Pleno do 26 de decembro de 2025, aprobouse definitivamente a MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 18 DO PXOM, RETIRADA DO CATÁLOGO DO ELEMENTO D-4 IDENTIFICADO COMO HÓRREO EN MERA (Documento asinado o 4 de xuño de 2025).

O obxecto da modificación puntual núm. 18 do PXOM de Oleiros é a descatalogación do elemento D-4 do catálogo de bens patrimoniais, correspondente a un hórreo situado en Mera (Serantes). Xustifícase pola súa falta de valor cultural, ao tratarse dunha construción recente, sen interese etnográfico nin arquitectónico. A súa inclusión no catálogo responde a un erro de localización. Proponse a súa eliminación mediante o procedemento simplificado previsto no artigo 83.5 da LSG.

A modificación está inscrita no Rexistro de Planeamento da Xunta de Galicia co seguinte nº de rexistro: ROTPG/P/18/2026

Para acceder o Rexistro de planeamento -pinche aquí-.

A continuación pode descargalo Acordo Plenario de aprobación definitiva.

e o documento completo en PDF para a súa consulta.