Modificacións puntuais

Modificacións puntuais

Modificacións puntuais

Neste apartado da WEB iranse incorporando as Modificacións Puntuais do Plan Vixente aprobadas e as que se atopen en tramitación.

Back Aprobación inicial da modificación puntual nº 16 do PXOM: cambio de clasificación de tres parcelas en Bastiagueiro

Na sesión ordinaria do Concello Pleno que tivo lugar o día 31 de xullo de 2025, acordouse aprobar
inicialmente a modificación puntual núm. 16 do PXOM: cambio de clasificación de tres parcelas en
Bastiagueiro.

O ámbito do presente documento abrangue solo rústico de protección de infraestruturas (ordenanza 17), vinculado á avenida Ernesto Che Guevara (antiga estrada AC-173, nun treito cuxa titularidade corresponde ao Concello de Oleiros), así como dúas bolsas tamén de solo rústico vinculadas á devandita estrada. Na bolsa leste, o PXOM prevé o uso de aparcadoiro (P). Así mesmo, a totalidade do ámbito atópase incluída dentro do “PE-5. Plan Especial de Acondicionamento da Praia de Bastiagueiro”, aprobado definitivamente o 06/04/1990, e declarado subsistente no PXOM actualmente en vigor.

OBXECTO DA MODIFICACIÓN:

A ordenación proposta fundaméntase na necesidade de ordenar adecuadamente unha zona  concreta do núcleo urbano de Bastiagueiro, adecuándoo á realidade destes terreos, permitindo a culminación da súa estrutura urbana e posibilitando a implantación de novos usos dotacionais que completen a oferta actual.

Neste sentido, procúrase dispoñer de usos destinados a equipamentos deportivos privados, ou terciarios que complementen e reforcen a vocación desta área, dado que actualmente nas proximidades sitúanse equipamentos deportivos e universitarios vinculados ás instalacións da Universidade da Coruña (UDC), en particular ao Instituto Nacional de Educación Física (INEF). Ademais, a proximidade á praia facilita a implantación de actividades económicas relacionadas cos deportes náuticos. As instalacións municipais existentes nesta zona, como a pista de patinaxe de velocidade, a pista de skate e a zona de parkour, reforzan esta orientación cara ao uso deportivo.

Por outra banda, o Plan Xeral clasifica como solo rústico de protección de infraestruturas dúas parcelas catastrais (parcelas 13 e 14 do polígono 03). Sobre as devanditas parcelas, desde 1976 existen dous edificios de planta baixa e dous niveis superiores destinados a vivenda plurifamiliar. Tendo en conta o anterior, esta modificación clasificar a totalidade deste ámbito como solo urbano consolidado, establecendo unhas ordenanzas adecuadas aos usos e edificacións implantadas.

 

A continuación pode descargar:

  • o documento completo