Back Modificación Nº2 do Plan Parcial do SUNP I-33 Iñás.

Modificación Nº2 do Plan Parcial do SUNP I-33 Iñás.

A presente modificación puntual do Plan Parcial do S.U.N.P. I-33.R, Iñás, refírese exclusivamente á ordenación pormenorizada do ámbito. O seu obxecto é axustar determinados aspectos da normativa
e da planimetría vixentes, sen alterar a estrutura xeral do planeamento nin modificar os parámetros fundamentais de edificabilidade, uso ou sistemas dotacionais previstos polo Plan Xeral Municipal de Ordenación.

En concreto, a modificación persegue unha finalidade dobre:

  1. Axustar o texto da Ordenanza A (zona industrial) co fin de eliminar a exixencia de redactar e aprobar un Estudo de Detalle para os supostos de simple división ou agregación de parcelas.
  2. Actualizar a planimetría do documento incorporando a “liña límite de edificación” (LLE) aprobada definitivamente pola Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, de conformidade coas resolucións publicadas.

Pode consultalo Decreto de aprobación inicial facendo -click aquí-

Pode consultalo documento completo co seguinte CSV accedendo á Sede electrónica do Concello.

CSV: CPN4BS9NVIJHXYXL

Sede electrónica Concello de Oleiros - Verificación de documentos electrónicos