Presentación Xuventude

Presentación

A área de xuventude do Concello de Oleiros, ten como obxectivo fundamental ós rapaces e rapazas do noso concello, traballando por e para eles. 

Para isto o Centro de Información Xuvenil (CIX) leva anos como referente para a información, orientación e asesoramento de todos os temas que interesan e afectan á mocidade: emprego, formación, ocio, etc. 

Tamén traballa dende o ámbito educativo, onde desde hai anos mantén a mesma liña de traballo, se programan, ofertan e desenvolven unha serie de actividades educativas que teñen como obxecto formar a mocidade oleirense en valores que favorezan á liberdade persoal, responsabilidade, solidariedade, tolerancia e igualdade. Con estes valores como obxectivo ano tras ano preséntanse unha serie de programas que pretenden ser unha liña de colaboración entre os centros educativos, as familias e o concello, onde o beneficio real vai para a mocidade. 

E no 2020 apostouse por ampliar o servizo do CIX reabrindo, tras a súa reforma, dúas Casas da Mocidade como espazos para dinamizar á mozos e mozas, realizar actividades xuveniles, favorecer a súa participación e que poidan contar cun espazo no que desenvolver as súas iniciativas. 

Ambos espazos contan tamén con Puntos de Información Xuvenil, onde á xuventude pode achegar todas as súas dúbidas e inquedanzas e recibir información, orientación e asesoramento do mesmo xeito que dende o Centro de Información Xuvenil. 

Se queres seguir as novidades de todo o relacionado coa xuventude oleirense podes facelo nas seguintes ligazóns:

Web: Centros Mocidade Oleiros

Facebook: Casas da Mocidade Oleiros 

Instagram: @centrosmocidadeoleiros

Tamén podes subscribirte ás novidades premendo aquí

Asset Publisher

Image Ocioleiros 2023 Ocioleiros 2023

Ocioleiros 2023

Programa de actividades de Ocioleiros 2023.

    Image Actividades Verán 2022 Actividades Verán 2022

    Actividades Verán 2022

    Actividades de verán 2022 do Concello de Oleiros

      Image OCIOLEIROS 2022 OCIOLEIROS 2022

      OCIOLEIROS 2022

      Actividades Ocioleiros 2022

        Image Programa NoctambOleiros do mes de AGOSTO 2021 Programa NoctambOleiros do mes de AGOSTO 2021

        Programa NoctambOleiros do mes de AGOSTO 2021

        Actividades para mocidade de 14 a 30 anos, preferentemete empadroada en Oleiros. Tamén actividades formativas.

          Ver mais novas

          Asset Publisher

          Back Relación de persoas admitidas no Intercambio Oleiros-Buccino

           As persoas admitidas deberán asistir a unha reunión o vindeiro luns 2 de xullo ás 20 h na Fábrica.

          Quen estea suxeito/a a algunha bonificación deberán facelo constar antes da emisión da carta de pagamento.
          O prazo de formalización de prazas será do 3 ao 9 de xullo, debe entregarse en persoa ou por correo electrónico a copia de ter realizado o pago.
          No caso de renunciar á praza deberá notificalo por escrito coa maior brevidade posible.
          Do 27 de xuño ao 16 de xullo admitiranse solicitudes para a praza vacante que se adxudicará por orde de chegada. As solicitudes que queden sen praza pasarán ao listado de reserva por estrita orde de chegada.
          Calquera consulta pode contactar coa Concellería de Ensino e Xuventude no correo c.xuventude@oleiros.org ou no teléfono 981 636 598.